Expourense reúne aos gurús mundiais das enerxías renovables e a eficiencia enerxética

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+
Xornada de enerxías renovables

Xornada de enerxías renovables

A VIII Xornadasobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética reúne en Expourense a varios dos líderes mundiais nestes sectores, expertos que son os creadores das investigacións, metodoloxías e produtos que son o referente a seguir polos profesionais que traballannaactualidadenestes sectores. Esta xornadacelebrarase o vindeiromartes 17 de xuño no recinto feiral e ofrecerá experiencias pioneiras procedentes dos Estados Unidos, Alemaña e Portugal, e complementarase coa presentación das últimas investigación realizadas polas universidades galegas e das iniciativas e liñas de axudasás empresas do sector tanto do IGAPE como do INEGA..

Esta xornadafoi presentada esta mañá en Expourense nun acto ó que acudironó delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, o director da empresa INGEO-Investigación Geotérmica, Alfredo Fernández, e o director xerente de do recinto feiral, Alejandro Rubín.Trátasedunha aposta de Expourense por divulgar o uso das enerxías renovables e a eficiencia nun momento económico como o actual no que reducircustos está presente tanto nas empresas como a nivel particular, xa que segundo estimacións da Comisión Europea, a eficiencia nerxética pode supoñer un aforro anual de 1.000 euros por familia.

InvestigaciónsnaUniversidade

A xornadacomezará coa presentación das últimas investigacións realizadas nas universidades de Vigo e de Santiago de Compostela e que abordarán a enerxía eléctrica, a biomasa e a solar fotovoltaica. AEscola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo presentará o master en “Enerxía e sustentabilidade” e os estudos que analizan a integración na rede eléctrica dos sistemas de xeraciónbaseados en renovables.

O tema da biomasa será tratado polaEscola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo. Trátasedun sistema de xeración de enerxía que supón o 50% de todas asfontes renovables que consumen en España e na Unión Europea. Polasúa parte, a representante do Grupo de AplicaciónsEnerxéticasSostibles da Universidade de Santiago de Compostela, falara do desenvolvemento de comunidades sustentables con enerxía solar fotovoltaica.

Conferencias de expertos internacionais

O bloque de experiencias internacionaiscomezará coa ponencia do Dr. Jeffrey Spliter, profesor da Escola de Enxeñería Aeroespacial e Mecánica da Universidade do Estado de Oklahoma, nos Estados Unidos. Falará sobre o mercado da enerxíaxeotérmica e as súasvantaxes sobre o uso doutro tipo de enerxías renovales. Este relator é o maior experto mundial actual no eido da xeotermia, inventor dos métodos de cálculo para analizar as perdas de enerxía dos edificio que urtlizanhoxe en día os profesionais da xeotermia e a climatización.

A seguinte ponencia correrá a cargo dun dos creadores do concepto “Passiv-Haus”, o enxeñeiro Gunter Lindemann, do Steinbeis-TransferzentrumEnergietechnik Ulm de Alemaña. É unha práctica a nivel mundial que consiste en planificar edificios ouvivendasque contencun gran aillamento térmico que, cunha orientación solar axeitada para unhamellor climatización, poden reducir o consumo enerxéticonesa construcción ata nun 70%.

Recuperar as perdasenerxéticas producidas coa ventilación, que superan en moitos casos o 30%, será o tema abordado polo alemán UdoBommert, director técnico de Menerga. As experiencias internacionaisrematarán coa conferencia do enxeñeiro mecánico e director de Kasaka Sistemas Enerxéticos de Portugal, Nicolau Cassaca que presentará sistemas de regulamento e control da eficiencia enerxética das vivendas.

Esta xornada rematará coa ponencia do enxeñeiro de Minas e responsable de Edificación do Centro TecnolóxicoEnergyLab que falará sobre a verificación do aforro enerxético.

De xeito complementario a esta Xornada existirá unha zona expositiva na que participarán empresas relacionadas co sector radicadas en Galicia.

Esta Xornadacontaco patrocinio do IGAPE e coa colaboración de INGEO – Investigación Geotérmica. A asistencia a esta xornadaé gratuíta pero precisa deinscrición previa a través dun envío de mail a expourense@expourense.orgou chamando ó Tfno. 988 36 60 30.Aqueles que se acheguen ata Ourense en tren poderán descargar da web www.expourense.org un bono co 35% de desconto en todas as liñas de RENFE.

13 de xuño de 2014 | 16:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.