Expertos de Alemaña, Estados Unidos, Portugal e España ofrecen as claves para acadar a autosuficiencia enerxética

Xornada en Expourense
Os gurús mundiais das enerxías renovables e da eficiencia enerxética deron hoxe en Expourense as claves para conseguir cumprir a normativa europea que determina que no ano 2020 os edificios deberán autoabastecerse enerxéticamentechegando case ó consumo cero de enerxía(Nearly Zero EnergyBuildings, NZEB). Expertos de Estados Unidos, Alemaña, Portugal e España participaron hoxena 8ª Xornada sobre Renovables que congregrouó redor de 200 asistentes, a meirande parte delesprofesionais do sector e entre os que se atopaban arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros e empresarios dos sectores da climatización.
Os relatores destaxornada son líderes mundiais, expertos que son os creadores das investigacións, metodoloxías e produtos que son o referente a seguir polos profesionais que traballannaactualidadenestes sectores. Os asistentes aproveitaron a presenzadestes expertos para realizar numerosas preguntas e aclarar dúbidas interactuando continuamente cos relatores.
EstaXornada, que reuniuen Expourense a representantes da Administración, das empresas e das universidades galegas, foi inaugurada esta mañá polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, quencomentou que unha das principaisliñas de actuación da Xunta de Galicia naactualidade, e que despoisampliou o xefe da ñarea de renovables do INEGA, é a “Estratexia Integral do Impulso da Biomasa” que busca “poñer en valor o monte galego, fixandoemprego no rural, creando unha industria xeradora de riqueza, e contribuíndo á prevención dos incendios forestais. A través dela, aspírase a diminuír a dependencia enerxética do exterior, o que suporá un aforro económico de 70 millónsanuais, promovéndose o empregodun combustible galego, barato e limpo”.
Polasúa parte, o xerente do IGAPE IP, José Manuel Fernández, presentou as liñas de axudas, recén aprobadas, enmarcadas no “Plan Galicia 1000; Instrumentos de Financiación” que inclúeliñas de préstamos directos, bonificados ou avalados para microempresas e PEMES galegas denominados “Jeremie” e financiados con Fondos Europeos.
A xornadacomezou coa presentación das últimas investigacións realizadas nas universidades de Vigo e de Santiago de Compostela e que abordaron a enerxía eléctrica, a biomasa e a solar fotovoltaica. AEscola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo presentou o master en “Enerxía e sustentabilidade” e os estudos que analizan a integración na rede eléctrica dos sistemas de xeraciónbaseados en renovables.
O tema da biomasa foi tratado polaEscola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo. Trátasedun sistema de xeración de enerxía que supón o 50% de todas asfontes renovables que consumen en España e na Unión Europea. Polasúa parte, a representante do Grupo de AplicaciónsEnerxéticasSostibles da Universidade de Santiago de Compostela, falou do desenvolvemento de comunidades sustentables con enerxía solar fotovoltaica. Trátasedunproxecto da UNESCO que contempla a creación de 200 “aldeas sostibles” en países como Mozambique, Guatemala ou Chile.
O bloque de experiencias internacionaiscomezou coa ponencia do Dr. Jeffrey Spliter, profesor da Escola de Enxeñería Aeroespacial e Mecánica da Universidade do Estado de Oklahoma, nos Estados Unidos. Falou sobre o mercado da enerxíaxeotérmica e as súasvantaxes sobre o uso doutro tipo de enerxías renovales. Este relator é o maior experto mundial actual no eido da xeotermia, inventor dos métodos de cálculo para analizar as perdas de enerxía dos edificio que urtlizanhoxe en día os profesionais da xeotermia e a climatización.
A seguinte ponencia correua cargo dun dos creadores do concepto “Passiv-Haus”, o enxeñeiro Gunter Lindemann, do Steinbeis-TransferzentrumEnergietechnik Ulm de Alemaña. É unha práctica a nivel mundial que consiste en planificar edificios ouvivendasque contencun gran aillamento térmico que, cunha orientación solar axeitada para unhamellor climatización, poden reducir o consumo enerxéticonesa construcción ata nun 70%.Lindemannpresentou como nasúa ponencia o caso de “EnergOn” (ubicado en Ulm, Alemaña), o exemplo de edificio Passiv-Hausmáis grande do Mundo, realizado por el, e que xacumpre o requisito da autosuficiencia enerxética.
Recuperar as perdasenerxéticas producidas coa ventilación, que superan en moitos casos o 30%, foio tema abordado polo alemán UdoBommert, director técnico de Menerga. Abordou tema coas enfermedades que pode producir a mala ventilación das vivendas e explicou as últimas investigación nesteeido que empregan máquinas que extraen o aire viciado, o purifican e o quentanou enfrían segundo sexa necesario.
As experiencias internacionaisremataron coa conferencia do enxeñeiro mecánico e director de Kasaka Sistemas Enerxéticos de Portugal, Nicolau Cassaca que presentousistemas de regulamento e control da eficiencia enerxética das vivendas.
Esta xornada remata coa ponencia do enxeñeiro de Minas e responsable de Edificación do Centro TecnolóxicoEnergyLab que falará sobre a verificación do aforro enerxético.
De xeito complementario a esta Xornadacontoucunha zona expositiva na que participarán empresas relacionadas co sector radicadas en Galicia.
Esta Xornadacontouco patrocinio do IGAPE e coa colaboración de INGEO – Investigación Geotérmica.











