Estudantes do CEIP Os Tilos visitan a fábrica de queixos Pazo de Anzuxao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+
Visita de escolares ao Pazo de Anzuxao

Visita de escolares ao Pazo de Anzuxao

A fábrica de queixos Pazo de Anzuxao en Lalín (Pontevedra) recibiu este xoves a visita dos alumnos do C.E.I.P. Os Tilos, pertencente ao Concello de Teo. Máis de 70 rapaces de Primaria, acompañados dos seus mestres, achegáronse para coñecer de primeira man como se fabrica o queixo.

Os rapaces visitaron as instalacións da queixería xunto a un responsable da empresa e escoitaron as explicacións sobre o proceso de elaboración do queixo, para rematar probando o Tetilla e Arzúa-Ulloa de Pazo de Anzuxao. A continuación percorreron os xardíns do Pazo, que contan cunha capela, un pombal e un hórreo.

As instalacións de Pazo de Anzuxao, un destacado edificio da arquitectura civil da comarca do Deza do século XVIII completamente restaurado, recibe visitas de grupos, asociacións e escolares ao longo de todo o ano. Conta, ademais, cunha tenda na que adquirir os seus galardoados queixos pero tamén outros produtos tradicionais da zona e outros queixos galegos con denominación de orixe.

12 de xuño de 2014 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.