Entran en vigor os horarios do servizo de transporte urbano durante o verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

A partir do día 1 de xullo entran en vigor, como cada ano, os horarios de verán no transporte urbano. As modificacións que se aplicarán partir do 1 de xullo, respecto aos anteriores horarios de verán son:

– A liña 6 verá modificada a súa primeira saída dos Tilos, de luns a venres laborables, pasando das 7:10 ás 7:00 horas. Deste xeito, regularízase a súa frecuencia con saída dos Tilos dende primeira hora, sendo esta de 20 minutos entre as 7:00 e as 23:00 horas.

– A liña C11 refórzase con outro autobús os sábados ao longo de todo o día, mudando a súa frecuencia dos 35 minutos que tiña os sábados do pasado verán a 20 minutos a partir de agora.

Todos os horarios pódense consultar no documento adxunto e tamén na web www.tussa.org. Todos os usuarios poden consultar calquera dúbida no teléfono 901 120 054, ou ben a través Facebook e Twitter.

26 de xuño de 2014 | 18:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.