En vigor a nova regulación do tráfico no entorno de Ravella
A peatonalización de parte das rúas Arapiles e Ramón y Cajal e a conseguinte reordenación da circulación rodada na zona entrou en vigor hoxe, unha vez que remataron as labores de sinalización horizontal e vertical dos cambios. Dende hoxe e durante a fin de semana a Policía local fará rondas pola zona para informar aos condutores despistados e informar dos cambios.
Os cambios realizados polo Concello nesta céntrica zona de Vilagarcía responden tanto a razóns de mobilidade das persoas, como de seguridade. Esta primeira fase limítase á peonalización, deixando para máis adiante a humanización da zona para adecuala á estética das zonas do contorno polo que xa non circulan vehículos.
Coas medidas que xa están en vigor completouse a peonalización de Ramón y Cajal dende o cruce coa Rúa Arapiles e a intersección con Juan Carlos I e Gumersindo Nartallo. Neste último punto habilitarase un novo paso de peóns para dar continuidade á beirarrúa de Juan Carlos I xusto no cruce con Gumersindo Nartallo.
A partir de agora os vehículos que circulen por Juan Carlos I en dirección a San Roque, poderán incorporase a Gumersindo Nartallo xirando á esquerda.
Tamén cambia de sentido a circulación en Duque de Rivas, por donde terán que pasar de xeito obrigatorio os coches que accedan dende a Praza da Independencia por Arapiles, para desembocar en Gumersindo Nartallo que mantense de saída cara A Independencia.
Estará prohibido o paso de vehículos polo último tramo de Arapiles e polo de Ramón y Cajal, excepto para labores de carga e descarga e accesos a garaxe. Igualmente, prohíbese o estacionamento na zona.
Para informar dos cambios á cidadanía, o Concello distribuíu nos últimos días un folleto indicativo mediante buzoneo en tódalas vivendas e baixos comerciais do barrio.











