Emprázate chega a Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Campaña de dinamización dos Mercados e promoción dos produtos de pesca.

Mercado de Arcade – Martes 24 de Xuño – 11,30 Horas

GAC Ria de Vigo

Con esta iniciativa preténdese promocionar os mercados municipais como dinamizadores da súa área de influencia e promocionar a excelencia dos produtos do mar incentivando o seu consumo san e responsable.

Mostraranse os beneficios e propiedades nutricionais dos produtos do mar, mediante unha exposición na que se diferenciarán as distintas especies e achegarase aos visitantes aos distintos postos para que poidan observar como elaborar un sinxelo menú.

Ademais os máis pequenos terán o seu Obradoiro particular converténdose en mariñeiros e mariscadores por un día con distintos talleres nos que aprenderán pescando ou investigando na area

Finalmente os asistentes poderán gozar da degustación dun “petisco placeiro pracenteiro”

23 de xuño de 2014 | 12:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.