Dúas xornadas de proxeccións conmemoran o Día Mundial do Medio Ambiente en Gondomar
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, o Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Medio Ambiente que dirixe Juan Carlos González Camesella, organiza dúas xornadas coa colaboración da Asociación A Groba.
O venres 6, na Praza das Escolas Vellas (Centro Médico), proxectaranse os documentais Asolagados e A súa maxestade a saqueta de plástico. O sábado 7, será o turno do cine co filme Terra Prometida.
Ámbalas dúas xornadas darán comezo ás 22.00 horas.











