Dous xornalistas especializados conclúen a súa visita á D.O. Rías Baixas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+
Cata na D.O. Rías Baixas

Cata na D.O. Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas acolleu onte e hoxe unha visita de dous xornalistas especializados no sector vitivinícola, Pilar Molestina e Javier Rueda, responsables da elaboración da Guía de Viños do País. Expertos catadores en concursos a nivel nacional e internacional, durante a súa estancia nesta denominación visitaron pequenas adegas e interesáronse por descubrir novos viños para a súa publicación. O seu percorrido incluíu, ademais, unha cata de elaboracións especiais que tivo lugar esta mañá na sede do Consello Regulador en Pontevedra, onde ambos os profesionais puideron catar algo máis de 40 marcas de 28 adegas inscritas nesta D.O. Desta experiencia comentaron que os viños catados tiñan unha boa impresión xeral, cunha boca interesante e máis discretos en nariz.

10 de xuño de 2014 | 17:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.