Dous atletas do EDC Verín Atletismo acadan medallas de ouro e bronce no Campionato Galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVerín
A-
A+

As pistas de Balaídos (Vigo) acolleron este sábado o Campionato Galego en Pista no que participaron seis deportistas do EDC Verín e onde dous deles, Xoel Gago e Antía Castro, conseguiron a medalla de ouro e bronce nas súas respectivas categorías.

No caso de Xoel Gago participou nas probas de 50 metros lisos benxamín masculino onde obtivo o quinto posto na competición final (mellor marca persoa e mellor marca provincial do ano) e na de 1.000 metros lisos benxamín masculino na que acadou a medalla de ouro do Campionato Galego en Pista. Mentres que Antía Castro competiu en 500 metros lisos alevín feminino conseguido a súa mellor marca persoal así como a medalla de bronce nesta categoría.

Os outros catro atletas verinenses participantes neste campionato foron Anxo Losada, Fiz Losada, Álex Martínez e Kiara Salgado. Os resultados que obtiveron todos foron os seguintes:

* Anxo Losada (1.000 metros alevín masculino):
Marca: 03:40.04
12º de Galicia.

* Fiz Losada:
(500 metros lisos infantil masculino):
Marca: 01:23.97
6º de Galicia.
Mellor marca persoal e mellor marca provincial do ano.

(Lanzamento de peso -3 Kg- infantil masculino):
Marca: 08.93 metros
6º de Galicia.

* Xoel Gago:
(50 metros lisos benxamín masculino):
Marca: 08.22
Gañador da Final B
5º de Galicia.
Mellor marca persoal e mellor marca provincial do ano.
(1.000 metros lisos benxamín masculino):
Marca: 03:35.39
Medalla de Oro – Campión de Galicia.

* Álex Martínez (Salto de altura benxamín masculino):
Marca: 1.08 metros
5º de Galicia.

* Kiara Salgado (50 metros benxamín feminino):
Marca: 08.71
3ª da Final B
11ª de Galicia. 
Mellor marca persoal e récord provincial

* Antía Castro (500 metros lisos alevín feminino):
Marca: 01:36.48
Medalla de Bronce – 3ª de Galicia. 
Mellor marca persoal.

A participación neste campionato destes seis mozos/as verinenses logrouse tras realizar as marcas mínimas -para iso debíase acreditar unha das 16 mellores marcas galegas que realizasen durante esta campaña na especialidade que desexen participar-. Un novo éxito que se suma a todos os logrados polos 27 menores integrantes deste Club de Atletismo, que na súa primeira tempada sumou medallas en probas deportivas como as do circuíto “Correndo por Ourense”, Carreira Pedestre Popular do San Martiño, Campionato Provincial de Atletismo en pista, “VII 10 Km Vila de Xinzo de Limia” e “4º Mini Trail- Andaina Pozo do Demo”.

Competicións fútbol das EDC Verín

Por outra banda, este pasado fin de semana tamén se disputaron os seguintes partidos dos equipos de EDC Verín de fútbol, cuxos resultados foron os seguintes:

Fase de ascenso á Liga Galega

EDC Verín Cadetes 0 – 3 UD Santa Mariña (clasificouse o equipo UD Santa Mariña tras empatar o partido de ida a un gol).

EDC Verín Infantil 1- 1 Figueirido FC (clasificouse o equipo das EDC Verín tras vencer o partido de ida por 2 a 0. Pasa a segunda rolda onde se enfrentará ao Antela).

Campionato Galego (os equipos vencedores pasan a seguinte rolda do Campionato Galego, e se atopan entre os 16 mellores equipos de Galicia).

EDC Verín Alevín 5 – 3 O Grove (clasificouse o equipo das EDC Verín tras vencer o partido de ida por 3 a 1).

4 EDC Verín Benxamín A 3 – 1 Rapido de Bouzas de Vigo (clasificouse o equipo das EDC Verín tras vencer o partido de ida por 4 a 3).

Portero 2000 2 – 2 EDC Verín Prebenxamín (clasificouse o equipo das EDC Verín tras vencer o partido de ida por 3 a 2).

9 de xuño de 2014 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.