Dous alumnos do IES Chamoso Lamas do Carballiño gañan o concurso ‘O Galego na Onda’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Raúl González e Pilar España, alumnos de 1º da ESO do IES Chamoso Lamas foron os gañadores do concurso O Galego na Onda, que organizou a Rede de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia en colaboración co departamento de normalización do concello do Carballiño.

Neste concurso pretendíase animar aos alumnos a usar a lingua galega, á vez que mostraban as súas habilidades á hora de elaborar cuñas radiofónicas que “vendesen” precisamente o uso da nosa lingua.

En total presentáronse 17 traballos, entre os que o xurado formado polo locutor carballiñés Xan Pinal, o profesor JoséLuís Fernández Díaz, Manuela Maseda coordinadora territorial en Ourense dos EDLG e o responsable municipal de comunicación Javier Mouro, escolleron, o primeiro lugar a elaborada por Raúl González, e en segundo lugar a elaborada por Pilar España, os dous alumnos de 1º da ESO do IES Chamoso Lamas.

Estes dous alumnos poderán realizar un taller de radio na emisora local de COPE Carballiño, e participarán no concurso a nivel autonómico para poder acceder ao taller na RTVG.

12 de xuño de 2014 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.