Doble sesión de cine no Auditorio de Cedeira con “No se aceptan devoluciones”
A Concellería de Cultura de Cedeira invita a veciños e veciñas a unha sesión de cine este sábado, 21 de xuño. Será cando o Auditorio Municipal se convirta por unhas horas na sala na que se proxectará o filme mexicano “No se aceptan devoluciones”. Os pases terán lugar ás 17,30 e ás 20 horas e o prezo das entradas é de 2,5 euros. “No se aceptan devoluciones” é unha película dirixida e interpretada por Eugenio Derbez no 2013. Con guión de Guillermo Ríos, Leticia López Margalli e o propio Derbez, ao longo de practicamente dúas horas narra a historia de Valentín, un tipo mulleriego, solteiro e egoísta que, de súpeto, ten que facerse cargo dunha filla á que non coñecía, froito dunha aventura ocasional. Decidido a devolverlle a nena á súa nai, emprende unha viaxe con ela a Los Angeles, pero a convivencia coa nena acaba transformándoo no máis íntimo. Ademáis de Eugenio Derbez, no reparto figuran Loreto Peralta, Jessica Lindsey, Daniel Raymont, Alessandra Rosaldo, Hugo Stiglitz ou Sammy Pérez.











