Diego Calvo insta a Ángel Currás a reconsiderar a súa opción sobre presentar a súa dimisión
O presidente da Deputación da Coruña e secretario xeral do PP na provincia coruñesa, Diego Calvo, instou o alcalde de Santiago, Ángel Currás, a que “reconsidere a súa opción”, ao ser preguntado se debería presentar a súa dimisión tras a inhabilitación de sete edís ao ser condenados por prevaricación. “Que o pense ben e decida”, sinalou.
Na súa participación nos ‘Almorzos do Finisterre’, organizados pola Asociación da Prensa da Coruña, e preguntado sobre se o rexedor compostelano debería dimitir, Calvo dixo que “é unha decisión do alcalde”.
Non obstante, instouno a que “o pense ben e que decida”. “Iso será bo para todos”, engadiu. Por outra banda, preguntado sobre o papel do PP na renovación do equipo de goberno local en Santiago, dixo que esta formación estivo “ao lado, dando opinión e asesorando”. Non obstante, precisou que “dende a sentenza o escenario cambio moito”.
“Nós sempre estivemos aí para o que nos pediron ou solicitaron”, concluíu Diego Calvo en relación á renovación dos nove edís do grupo municipal do PP compostelano.











