Día Internacional da Loita Contra a Droga en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Actos do Día de Loita contra a Droga en Ourense

Actos do Día de Loita contra a Droga en Ourense

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sumouse esta mañá aos actos de celebración do Día Internacional da Loita Contra a Droga, convocados pola Asociación Ourensá de Axuda ao Toxicómano (ATOX). O acto, que se desenvolveu diante da sede desta entidade situada na céntrica rúa do Paseo, consistiu na lectura dun manifesto sobre a problemática da adicción ás drogas. De seguido, os participantes protagonizaron unha marcha cidadá de apoio á asociación que rematou no Pavillón dos Remedios.

26 de xuño de 2014 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.