Dez voluntarios de SOS Social participarán nunha sesión de actuación inicial ante urxencia e emerxencia sanitaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, informa que o vindeiro venres, día 6, terá lugar unha sesión sobre actuación inicial ante situacións de urxencia ou emerxencia sanitaria e alerta de servizos sanitarios. Un total de 10 alumnos voluntarios de SOS Social participarán nesta proposta formativa que se realizará na aula de formación da Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol (ASCM), en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Esta iniciativa realizarase en virtude do convenio asinado entre a Área de Benestar Social e o Servizo Galego de Saúde e dentro da 1º edición de Formación en Mediación de emerxencias Psicosociais organizado polo COAMIFICOA. A sesión sobre actuación en situacións de emerxencia sanitaria será impartida por tres enfermeiras residentes de enfermería familiar comunitaria. O contido da formación versará sobre os seguintes temas: recoñecemento precoz dun posible infarto e actuación inicial; accidente cerebrovascular, datos que nos poden facer sospeitar de que unha persoa esta a sufrilo e actuación precoz;recoñecemento dunha convulsión e actuación; signos de alarma tralo traumatismo craneoencefálico; e enfermeira comunitaria: campo de actuación, función e poboación que atende.

4 de xuño de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.