publicidade hoxe

Delagro organiza un curso de ecografía para veterinarios de Asturias, Cantabria e Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs Pontes
A-
A+

O Complexo Industrial Multidisciplinar para fabricación e distribución de abonos levantado por Delagro no Polígono Industrial das Pontes (A Coruña) é o escenario escollido para a celebración desta xornada formativa dirixida aos veterinarios que desenvolven a súa actividade profesional no ámbito das cooperativas agrarias do tres comunidades autónomas, asociadas a Delagro.

O curso, de gran interese pola súa incidencia directa na saúde e produtividade do gando, centrarase nas particularidades das ecografías tanto nas vacas gestantes como nas non gestantes. Especialmente, nas non gestantes, analizarase a fisiología e patoloxías dos órganos reprodutores e nas gestantes, nos diagnósticos de xestación, mortalidade embrionaria e malformacións fetales así como na determinación do sexo.

Xa pola tarde, terá lugar unha clase práctica de tres horas de duración.

5 de xuño de 2014 | 13:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.