Cursos de hostalería para a inserción laboral de persoas desempregadas en Compostela
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) baixou en maio en 6.700 persoas en Galicia en relación co mes anterior (-2,48%), até situar o total en 263.444, segundo os datos que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
En taxa interanual, con respecto a hai un ano, a cifra de desempregados descendeu en 20.442 persoas na Comunidade galega, o que representa unha diminución do 7,2%.
No conxunto do Estado o paro caeu en 111.916 persoas respecto ao mes anterior (-2,3%), o seu maior descenso neste mes desde o inicio da serie histórica, en 1996, até situarse o total de parados en 4,5 millóns.











