Curso de autoemprego en Salvaterra de Miño
O Concello de Salvaterra de Miño organiza un curso de autoemprego, durante sete días trataranse diversos temas como é o concepto de emprendedor, a idea, o Plan de Empresa, o marco legal e as axudas. Dito curso impartirase do 1 ao 9 de xullo na Casa de Cultura.
Con este curso quérese dar unha orientación a todas aquelas persoas que están pensando en emprender e no concepto de autoemprego, con cuestións básicas a ter en conta no momento en que queremos que a nosa idea pase a ser un proxecto.











