publicidade hoxe

Culleredo incorpora a 11 novos voluntarios a Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

Protección Civil medra en Culleredo. O Concello logra a incorporación de 11 novos voluntarios á agrupación, un número moi superior ao que se produce de forma habitual cada ano.

E o primeiro paso antes da incorporación dos mozos voluntarios é a formación. O Concello desenvolveu desde o pasado venres a onte domingo un curso básico de iniciación ao servizo, concedido pola Axencia Galega de Seguridade.

De feito, estes cursos normalmente realízanse na sede da Academia, na Estrada. Pero dado que a maioría de alumnos eran cullerdenses, a Academia concretou co Concello que se impartise na sede de Protección Civil de Culleredo.

Até alí desprazáronse o alcalde de Culleredo, Julio Sancristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, que quixeron apoiar in situ aos novos voluntarios. Estiveron acompañados do concelleiro de Protección Civil, Alberto Veira.

“Facedes unha labor hoxe en día fundamental para a seguridade cidadá”, manifestou Sancristán aos alumnos. O alcalde agradeceu aos mozos a súa “implicación social” ao decidir dedicar parte do seu tempo a axudar ao cidadán.

Polo seu lado, Rioboo resaltou o importante complemento que supón para Protección Civil contar cun “equipo amplo e traballado” de voluntarios. O primeiro tenente de alcalde avanzou que estes 11 voluntarios, unha vez completada esta formación, xa poden empezar a colaborar co corpo. Iso si, nos seus primeiros 6 meses estarán tutelado por voluntarios veteranos. Con este ingreso de 11 novos voluntarios, a agrupación pasa a contar con 34. O goberno municipal ha apostado nos últimos meses pola mellora do equipamento, o que se traduciu nunha mellora das condicións de traballo, “clave” para este auxe de formar parte do corpo, apunta Veira.

O concelleiro sinala que se acaban de levar a cabo melloras na dotación do vestiario, así como a adquisición de elementos como un compresor de aire respirable para as bombonas de osíxeno. Ademais, o Concello ten en licitación a adquisición, mediante renting, dun novo camión motobomba. “Creemos en Protección Civil como un servizo imprescindible para o veciño e por iso estamos a investir decididamente”, afirma.

O curso, de 21 horas de duración, contou cunha vintena de alumnos, procedentes de Culleredo, Cambre, Mazaricos, Bergondo e Cabana de Bergantiños.

30 de xuño de 2014 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.