Crucía teatro de Ferrol representa “Unha de vaqueiros” no Centro Cívico de Caranza
A programación de outubro do ciclo de teatro afeccionado “Domingos a Escena, da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, continúa este domingo día 22 coa actuación do grupo ferrolán Crucía Teatro. A obra “Unha de vaqueiros” dará comezo ás 19:00 horas no Centro Cívico de Caranza e será gratuíta.
Unha épica historia de tiros no salvaxe oeste. A seguinte historia non está baseada en feitos reais. Os personaxes, lugares, feitos e datas son ficción, e calquera similitude coa realidade non só é pura coincidencia, senón tamén mera casualidade. Esta comedia esta situada na segunda metade do século XIX, no pobo de Pecosville, en pleno territorio indio Síux. Unha vila tranquila, onde os rostros pálidos e os peles vermellas conviven en paz, e onde nunca sucede nada; ata que a repentina chegada da Union Pacific e a construción do ferrocarril trabou ese estilo de vida, sosegado e calmo.











