Corsario, Andarivel e Travesio triunfan na regata Elidente de Rianxo tras a suspensión da segunda manga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRianxo
A-
A+

A suspensión da segunda manga da Regata Concello de Rianxo Trofeo Elidente condicionou o triunfo das embarcacións gañadoras da primeira manga.

As previsións ao longo da semana facían presaxiar un dubidoso desenlace para a tarde do sábado e nesta ocasión as predicións acertaron de cheo. O atento seguimento do xuíz de Regata Carlos Sardiña levou ao CN. de Rianxo a suspender a manga o venres pola mañá, facilitando desta forma a programación das actividades do fin de semana a todos os regatistas. Con todo isto non foi obstáculo para que un bo número deles se dean cita nas instalacións do CN. de Rianxo para participar no acto de entrega de trofeos seguido dun ágape por xentileza da firma patrocinadora.

Anecdoticamente, é a primeira vez, tras 14 edicións, que hai que suspender unha manga neste tradicional trofeo, como sinalaba o comodoro do Club José Carreira na súa intervención no acto de entrega de trofeos.

Asistiron nesta ocasión á chamada do club Rianxeiro, o alcalde Rianxo Adolfo Muiños, Manuel Castaño, presidente de Distribunosa, Baltasar Rodríguez, Patron Maior e directivos do Club encabezados polo Presidente e patrocinador da Regata Elisardo Villanustre quen na súa intervención desexou que pasen outros 14 anos sen que sexa necesaria unha suspensión dunha manga para que a flota poida seguir gozando das inmellorables condicións da bahía de Rianxo e a Ría de Arousa para a navegación, emprazando á flota a que persista na súa participación nos próximos anos neste evento.

O calendario de Regatas da Ría continúa agora co próximo evento no CN. de Riveira.

9 de xuño de 2014 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.