publicidade hoxe

Cores Tourís comproba as obras do plan marco en Campo Lameiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCampo LameiroPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita a Campolameiro

Cores Tourís na visita a Campo Lameiro

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá as obras que se están a executar para a mellora de sete camiños rurais do concello de Campo Lameiro dentro do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e do Mar en compaña do alcalde da localidade, Julio Sayáns.

Nesta visita estivo acompañado polo xefe territorial da Consellería de Medio Rural e do Mar, Miguel Dubois, así como os representantes da empresa adxudicataria dos traballos.

Trátase de sete camiños do concello (Redonde, Cerdeiras, Salgueiro, Reboredo, Lameiro, A Lagoa e Praderrei) onde se levarán a cabo labores de roza e despexe dos terreos, taxeas de pluviais e reposición de firmes e pavimentos.

En concreto, os traballos suporán o despexe de terrea vexetal da zona de exterior dos camiños, así como a limpeza das cunetas e a reapertura de aquelas que estean obstruídas. Tamén se incluirá a colocación de tubaxes de 40 centímetros ao longo de 14 metros para a realización dun cruce de auga na zona de Cerdeir. Neste punto, se incluirá a construción de arquetas que permitirán a eliminación das augas de escorrentía superficial.

En canto aos traballos de reposición do firme, se instalará unha capa de zahorra artificial de 30 centímetros de potencia e na cabeza das gabias aplicarase unha capa de aglomerado en quente. En el lugar de Cerdeiras, unha zona con forte pendente lonxitudinal, estenderase un firme de formigón en masa e se procederá a limpar o terreo e eliminar a terra vexetal.

O investimento nestes traballos terá un custo total de arredor dos 35.000 euros e suporá actuar en un total de 1,1 quilómetros. “Sería interesante explicar tamén que, no caso da comarca de Pontevedra, investiranse ao longo do presente ano un total de 500.000 euros dentro do Plan Marco que permite mellorar os camiños rurais. En total, no global da provincia de Pontevedra estanse a investir no 2014 para este tipo de traballos, 2,6 millóns de euros”, engadiu Cores Tourís.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra aproveitou a visita a Campo Lameiro para agradecer a colaboración dos alcaldes pola súa colaboración no desenvolvemento destes programas que “poñen de manifesto a sintonía da administración autonómica e os concellos para levar a cabo os programas deseñados para alcanzar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”.

Dende 2009 a Consellería de Medio Rural investiu na provincia de Pontevedra máis de 35,7 millóns de euros en diversos programas de infraestruturas agrarias, tanto en traballos de emerxencia, mellora de camiños rurais, concentracións parcelarias, etc. No caso do concello de Campo Lameiro, o investimento en mellora de vías rurais roldou os 164.000 euros dende ese mesmo ano.

11 de xuño de 2014 | 18:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.