Cores Tourís celebra o Día do Medio Ambiente no espazo intermareal Umia-O Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+
Cores Tourís na visita ao Complexo Intermareal Umia-O Grove

Cores Tourís na visita ao Complexo Intermareal Umia-O Grove

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o Complexo Intermareal Umia-O Grove para celebrar o Día Munidal do Medio Ambiente, destacando a súa riqueza medioambiental.

Na visita estivo acompañado polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra, José Luis Díez e o alcalde de Cambados, Luis Aragunde.

Cores Tourís recordou que o Día Mundial do Medio Ambiente é unha ferramenta fundamental para impulsar a sensibilización e a acción polo medio ambiente en todo o mento. Neste senso, “cabe destacar a gran riqueza coa que conta este complexo que se atopa situado ao sur da Ría de Arousa nos concellos de O Grove, Sanxenxo, Meaño, Cambados, Ribadumia e Illa de Arousa, e que goza dunha gran riqueza pesqueira e marisqueira, e, a maiores, dunha gran afluencia turística”, matizou o delegado territorial.

Este ano, as Nacións Unidas vinculan este día fincapé na necesidade urxente de protexer as illas dos crecentes riscos e desafíos aos que se enfrontan como consecuencia do cambio climático. “Na ría de Arousa contamos con dúas illas que forman parte do Parque Nacional , as de Sálvora e as de Cortegada, é temos que traballar entre todos para manter a súa riqueza”, matizou José Manuel Cores Tourís, quen engadiu que “o mesmo sucede co complexo intermareal de Umia-O Grove. Forma parte dun mesmo ecosistema , o do noso litoral costeiro, que temos que manter porque é a esencia da nosa riqueza cultural e económica”.

Segundo recordou Cores Tourís, a conmemoración do Día Mundial do Medio Ambiente segue a poñer en evidencia as estreitas relacións e interconexións das cuestións ambientais e o valor da máxima de “pensar globalmente, actuar localmente”, que condensa a importancia das pequenas accións, dos pequenos xestos individuais para acadar grandes resultados.

“A Xunta de Galicia está a traballar para reducir o impacto nas rías galegas, e na de Arousa, en concreto, estase a por en marcha medidas que atallen os vertidos, como a creación da Edar de Ribadumia ou a de O Grove que permitirá, en breve, tratar os vertidos do núcleo urbano”, continuou o delegado territorial quen recordou que, a maiores, tamén se están a poñer en marcha plans locais de saneamento con medicións de caudal in situ e levantamentos topográficos das redes de saneamento e posterior modelización para priorizar as obras a acometer nos concellos da ría de Arousa.

Riqueza do complexo Umia-O Grove

José Manuel Cores Tourís destacou a gran riqueza pesqueira e marisqueira desta zona que conta con case 3.000 familias que viven destes sectores, ademais, de ser un referente en canto á afluencia turística.

Esta zona goza dun especial microclima que fai posible a presenza dunha gran diversidade de vida. Ten unha extensión aproximada de 2.600,58 hectáreas, a maior parte de elas sometidas á influencia das mareas. É unha importante zona de desove de peixes, crustáceos e moluscos. Nas súas grandes extensións limosas e areosas existen bancos naturais de moluscos como a ameixa e berberecho. A abundancia de alimento dos fondos limosos, a tranquilidade e pouca profundidade das súas augas fan que esta zona sexa unha das máis importantes de Galicia de acollida de aves migratorias acuáticas.

Neste espazo, sometido á influencia das mareas, existen bancos naturais de moluscos como ameixa e berberecho. A abundancia de alimento dos fondos limosos e a tranquilidade e pouca profundidade das súas augas fan que esta zona sexa a máis importante de Galicia de acollida de aves migratorias acuáticas, converténdose no mellor lugar para a observación deste tipo de aves de toda a nosa comunidade autónoma.

Entre as aves, máis de 200 catalogadas neste espazo, destacan as limícolas como o ostreiro, a píldora, o bilurico, o alavanco, o pato, a garza ou o cullereiro. Ademais, tamén destacan as plantas que se adaptan al medio salino e que cumpren unha función de refuxio para gran cantidade de invertebrados, facendo ademais de elementos naturais que minoran a forza das correntes. Entre estas plantas atópase a seba.

No espazo intermareal de O Grove atopamos varios tipos de ecosistemas cunha fauna e vexetación de enorme importancia, como a Enseada, a lagoa Bodeira, a Lanzada ou Punta Carreirón.

Finalmente, segundo engadiu o delegado territorial, o Complexo intermareal Umia-O Grove foi declarado, xunto a outros catro humidais, como Sitio Ramsar baixo a categoría de Humidal protexido en maio de 2004 e coa publicación do Decreto 127/2008, do 5 de xuño, polo que se desenvolve o réxime xurídico das brañas protexidas e se crea o Inventario de Humidais de Galicia, creouse o Inventario de Humidais de Galicia de natureza administrativa.

5 de xuño de 2014 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.