Convócase unha nova edición do premio xornalístico Manuel Reimóndez Portela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Estrada
A-
A+

A sala “Reimóndez Portela”, da Fundación de Exposicións e Congresos, acolleu o venrres 06 de xuño, ás 11.00 horas, a presentación das bases polas que se rexerá a XIX edición do “Premio Xornalísitico Manuel Reimóndez Portela”.

O acto contou coa Xerente da Fundación e Presidenta do Comité de Seguimento do Premio, Mercedes Cuiña e os tamén membros integrantes do devandito Comité, Juan Manuel Constenla e Luís Reimóndez .

As bases mantéñense inalterables con respecto á pasada edición, así, o premio outorgaráse ao mellor traballo ou serie de traballos –ata un máximo de cinco- publicados en língua galega, en calquera medio de comunicación escrito. A dotación económica do premio será de 1000 €. O prazo de recepción de traballos, rematará o vindeiro dia 01 de agosto, aínda que, deberán estar publicados antes do 30 de xuño. Os autores ou calqueira lector poderán enviar un exemplar dos traballos nos que conste a data de publicación, o autor e o medio de comunicación no que se publicaron.

O xurado cualificador, estará presidido pola Directora Xerente da Fundación e igualmente integrado polos vocales que o Comité decida no seu intre e por un secretario con voz pero sen voto. A resolución do xurado será inapelable. A entrega de galardóns levaráse a cabo o día 26 de setembro, no marco da XXVIII Feira do Moble de Galicia. O xurado resérvase a licencia de declarar deserto o premio se os traballos presentados a concurso non reúnen o nível necesario para obter o galardón.

A Fundación, resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados e agarda repetir o éxito de participación de pasadas edicións, animando a todos os escritores e xornalistas de Galicia a participar no certame.

6 de xuño de 2014 | 11:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.