Convócanse as probas físicas para as prazas de auxiliar de Policía Local en Gondomar
O Concello de Gondomar informa de que se convocan as probas físicas para as tres prazas de auxiliar de Policía Local. Deberán acudir o xoves ao Concello ás 08.00 horas para medir a súa estatura e ás 09.30 horas deberán desprazarse ata as instalacións deportivas do Campus Universitario de Vigo.
A convocatoria das probas publicarase na páxina web e no tablón do Concello.











