Contunúa a formación para os emprendedores en Cangas
A concellería de Emprego continúa traballando na formación e asesoramento dos emprendedores do municipio grazas á programación da Aula do Emprendedor.
A próxima actividade deste programa consistirá na charla “Emprendendo en comercio electrónico con éxito” que será impartida por Mª del Carmen Fernández González, da empresa local Infinitum E-comerce, acompañada de representantes de dúas empresas asentadas en Cangas con grande experiencia en comercio electrónico coma son Corvus Belli e Sipi&Nopi.
Durante a conferencia os asistentes a este obradoiro coñecerán os pasos necesarios para emprender de forma correcta en comercio electrónico, aprenderán estratexias, recibirán consellos de funcionamento, e analizarán boas e malas prácticas de implementación de negocio on-line.
Os interesados en asistir a esta actividade deberán inscribirse previamente e de forma gratuíta nas oficinas da Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Cangas, situada na praza do Sinal nº 5, 2º andar, teléfono 986 301 371, e-mail dlocal@cangas.org , antes do venres 6 de xuño.
A concelleira de Emprego recalca a importancia de asesorar e formar aos emprendedores para que poidan converter a súa idea de negocio nunha realidade e afirma que dende a concellería que dirixe continuarán traballando neste tipo de iniciativas.











