Contos para todo o mundo e para un mundo de todos en Castrelo de Miño
No Centro de Día de Castrelo de Miño en Vide o día 7 de xuño ás 19 horas. Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.