Concerto de piano a catro mans no auditorio do Carballiño
A área de Educación do concello do Carballiño organizou para este próximo xoves, 12 de xuño, ás 20:00 horas, un concerto de piano a catro mans do dúo Dedosde2, integrado por Marta Branco Pascual e Xoán Igrexas Losada. O concerto terá lugar no auditorio da vila.
A idea de formar dedosd2 xorde en 2011, como froito do interese dos seus dous compoñentes polo repertorio para piano a catro mans. Así comezou a súa andaina en 2012 cunha serie de concertos que se celebraron na Coruña, Ourense, e León, nos que interpretaron obras de Barber, Dvorak e Mozart.
O concerto do Carballiño é xa o novo programa deste dúo, e está composto por obras de Debussy, Brahms e Poulenc.











