Concerto de MOXENAS e estreo da Alborada “Camiño da Rosa” como broche final dos concertos das Festas da ROSA

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

Moxenas Musical Galego formouse no ano 2003 como homenaxe ao mítico gaiteiro Nazario González Moxenas. Trátase dunha anovadora proposta musical que reúne a 35 músicos mozos, cunhas idades comprendidas entre os 11 e os 23 anos. Baixo a dirección de Xosé Oliveira, compoñente de Noitarega, o orixinal formato de Moxenas Musical Galego baséase nunha persoal mestura de instrumentos tradicionais galegos (gaitas, pandeiretas, frautas…) e contemporáneos (saxo, teclados, clarinetes, baixo eléctrico, guitarra acústica, mandolina e yembés). O seu repertorio conta con algunhas das obras musicais máis senlleiras da música galega e tamén interpretan composicións contemporáneas de diversos autores.

O espírito deste proxecto bebe das fontes da tradición galega, mais tentando abranguer varios conceptos modernos e iso nótase á hora de escoitar a unha formación que soa ben e fai as interpretacións con elegancia e gusto.

Compre destacar que o concerto contará cunha parte moi especial, co acompañamento musical de todos os gaiteiros das Asociacións de Mos que levan varios meses a preparar a alborada composta por Xulio Lorenzo “Camiño da Rosa” e que no ensaio xeral de onte tivo o xesto de entregar a partitura á concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro

Cebreiro, agradecida ‘por un regalo tan especial’, apostou porque a Alborada o igual que a “Muiñeira de Mos” ‘ composta polo mesmo artista, chegue a ser unha peza moi famosa y trascenda na historia da cultura gallega.

Xulio ten 33 años.é natural da parroquia de Louredo, Mos, e comezou a sua carreira musical ós 12 anos. Na actualidade ademáis de compoñer, toca a gaita e a frauta e participa activamente das actividades culturais de varios concellos co seu grupo “XABENGA”

26 de xuño de 2014 | 12:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.