Concentración de motos Freebones Bikes en Marín
A Asociación organizadora da concentración de motos, Freebones Bikes, presentou co concelleiro de festas Luís Lago, as actividades que terán lugar o tres días que durase o evento e que terán lugar no paseo Antonio Branco. O Concello, que apoia economicamente a actividade, quere mostrar a súa satisfacción por que este ano, suprimiuse a carpa na que se lles ofrecia aos participantes a cea e o almorzo o sábado e o domingo, e así se trasladasen aos locais de Marin colaboradores co evento.
A organización espera unhas 2500 persoas que visitasen de novo Marín.
PROGRAMA CONCENTRACIÓN MOTOTURISTICA VILA DE MARIN 2014
Venres 4 de xullo
– 18:00 Apertura de inscricións e cana benvida
– 22:30 Concertos a cargo dos grupos:
>Green Envy
>Chroma
>Breaking´ Bones
– A partir das 22:00 Festa RON LENDARIO con agasallos.
Sábado 5 de xullo
– 11:00 Apertura inscricións e cana benvida
– 17:00 Diversas actividades no recinto con inchables, xogos populares, touro mecánico, etc.
– 18:00 Pincheo para todos os asistentes na carpa da concentración
– 19:00 Exhibición a cargo de CHOPPERSHOWS
– 21:30 Cea para os inscritos nos bares concertados
– 23:30 Ruta con fachos polo centro urbano
– 00:30 Sesión D.J. na carpa da concentración, con sorteos durante a noite, festa RON LENDARIO con agasallos e servizo de coctelería.
– 03:00 Striptease masculino e feminino.
Domingo 6 de xullo
– 10:00 a 11:00 Almorzo para inscritos en locais concertados.
– 12:00 Exhibición a cargo de CHOPPERSHOWS
– 13:00 Sesión vermut despedida, pulpeira con prezos populares e entrega de trofeos.











