Comida oficial da Ronda Elite Sub-19 de Vigo na xornada previa á gran final

Carlos Mouriño no xantar. Foto: Eidan Rubio
Os responsables das entidades organizadoras da Ronda Elite Sub-19 de Vigo, Real Club Celta e Federación Española de Fútbol, autoridades e representantes do fútbol galego e as seleccións participantes compartiron hoxe no Pazo Os Escudos a comida oficial celebrada, por iniciativa da RFEF, con motivo da celebración desta importante competición, que mañá vivirá o seu último episodio cos partidos entre Lituania e Dinamarca en Pasarón e a gran final entre España e Alemaña en Balaídos.
Neste xantar que de maneira tradicional ofrece a RFEF nas competicións que organiza, contou coa presenza, entre outros, do presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, acompañado por conselleiros e directores do club, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Jose Manuel Figueroa, delegados de UEFA, responsables das federacións española e galega de fútbol e representantes das seleccións de España, Alemaña, Dinamarca e Lituania, da Agrupación de Veteranos do Celta e de Afavi.
Os participantes nesta comida coincidiron en destacar a gran organización do torneo por parte do Real Club Celta e en desexar que Balaídos rexistre un gran ambiente no partido deste xoves entre España e Alemaña.











