publicidade hoxe

Comezan os seis días do Campus Obradoiro CAB – Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroSantiago de Compostela
A-
A+

A segunda edición do Campus Obradoiro CAB – Barbanza, foi inaugurada esta mañá no pavillón da Cachada, en Boiro, o que supón o pistoletazo de saída de seis días de baloncesto e actividades de lecer a xornada completa.

O director do Campus e encargado da canteira obradoirista, José Ángel Rivera “Mozan”, e a directora técnica do Campus e adestradora habitual do club escolar Compañía de María, Paula Couto, deron a benvida aos inscritos e lembráronlles a planificación para esta semana de entretemento, que inclúe unha velada no pavillón con xogos e actividades culturais a noite do venres.

Os participantes, nenos de entre 5 e 18 anos, tiveron xa o seu primeiro adestramento. Os maiores fixérono no propio pavillón da Cachada, mentres que os máis pequenos, pertenecinentes ás categorías pre e mini-basket, terán a súa sede durante o seis días de campus no polideportivo de Santa Baia. Pola tarde, a actividade principal será un torneo por equipos que dará paso ao descanso na praia antes de volver a casa.

Durante toda a semana, os nenos recibirán tamén nos seus adestramentos visitas de reputados adestradores da comarca que lles axudarán a mellorar en aspectos técnico-tácticos, así como a realzar os valores necesarios para triunfar nun deporte de equipo como o baloncesto.

Os participantes tamén terán como agasallo diversos materiais do Campus e un diploma acreditativo, grazas á colaboración de Jim Sports, Jealsa, Vive, Gadis, Cabreiroá, ViniGal, Proel, C.B. Santa Baia, Deporte Galego, Xunta de Galicia e Deputación da Coruña.

30 de xuño de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.