publicidade hoxe

Comezan as obras para recuperar a imaxe orixinal da Torre do Reloxo de Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Concello de Neda recuperará a imaxe orixinal da Torre do Reloxo, unha das pezas arquitectónicas más importantes do patrimonio municipal e incluída no Inventario de Bens de Interese Cultural da Xunta de Galicia. Con máis de dous séculos de vida, o inmoble albergou nas súas orixes o antigo Hospital de Peregrinos e, hoxe, é sede da Oficina Municipal de Rehabilitación e do Arquivo Municipal. Trátase dun proxecto no que o propio alcalde, Ignacio Cabezón Lorenzo, leva a traballar durante meses, mantendo diferentes reunións cos responsables autonómicos de cara a recabar a súa colaboración económica e lograr así que a intervención tivese custe cero para as arcas locais. A última desas xuntanzas, co conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, deu positivos resultados e, a partir de ahí, o Concello trasladou unha memoria dos traballos que sería preciso levar a cabo. Tras o seu estudo, a Xunta deu o seu visto bo para financiar a primeira fase da actuación. Actuación que daba comezo esta mañá, coa firma da acta de replanteo.

A través da mesma realizaránse as obras necesarias para eliminar as instalacións acumuladas ao longo dos anos na fachada da Torre do Reloxo, catalogada como Ben de Interese Cultural, e que desvirtúan notablemente a imaxe deste inmoble de gran valor patrimonial. Instalacións que, fundamentalmente, son de alumeado público, de electricidade e de telefonía. Cos seus cadros correspondentes, trasladaránse a zonas non catalogadas como é a Avenida de Alxeciras. Ao tempo, realizaráse o tratamento da fachada e recuperaráse a imaxe orixinal. Finalmente, sustituiráse a carpintería metálica por madeira.

Xa nunha segunda fase, e a expensas de obter financiación externa, o alcalde plantéase o obxectivo de acondicionar o interior das oficinas municipais ubicadas na pranta baixa.

Unha actuación que permitirá recuperar unha parte do grande patrimonio histórico que o Concello de Neda alberga, como integrante do espacio público urbano, así como mellorar a calidade dos servizos aos veciños e ao peregrino ao seu paso por Neda.
O Concello estima que a intervención esté rematada a finais do mes de agosto.

12 de xuño de 2014 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.