publicidade hoxe

Comezan as obras no camiño do Ramallal para acabar cos problemas de inundacións das vivendas da zona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas comezou estes días a executar as obras de reparación do Camiño do Ramallal, na parroquia de Forzáns, dentro do Plan de Obras da Deputación de Pontevedra, coas que se pretende pór fin aos problemas de inundacións que sofren as vivendas da zona durante o inverno pola presenza da enorme pluviosidad acumulada nos días de choiva neste lugar que fai que as vellas canalizacións existentes resulten insuficientes para evacuar a auga que procede da parte alta do barrio dos Hortos e monte adxacente.

O alcalde visitou onte a zona acompañado da Dirección de Obra.

As obras agora iniciadas teñen un orzamento de 36.235 euros, contemplan a realización de traballos de corte do firme existente, escavación en gabia, colocación de pozos e rejillas de fundición cruzando o camiño para a recollida de pluviais e a canalización de dita auga por tubos enterrados de polietileno corrugado cun diámetro de 400 e 500 milímetros, debido á gran cantidade de auga que se recolle nesta zona cando chove.

A reposición do firme, unha vez finalizadas as obras, realizarase en formigón estando previsto que as obras conclúan durante o próximo mes de xullo.

Con esta actuación o alcalde Perfecto Rodríguez pretende aproveitar os plans de obras da Deputación para mellorar os camiños públicos existentes no termo municipal que se atopan deteriorados. No últimos cinco anos, realizáronse importantes investimentos en pavimentación de camiños co obxectivo de mellorar os accesos nas distintas parroquias do rural.

 

26 de xuño de 2014 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.