Comezan as obras de ampliación do vial de acceso a Quintáns de Lesende

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, supervisou na tarde de onte xoves o inicio das obras de mellora da pavimentación e ampliación do vial de acceso a Quintáns de Lesende (dende Sampaio) e de ampliación do vial de Horta a Carro, que está a executar a empresa EXOGA, Excavacións y Obras Públicas Galicia SL. Unhas obras orzamentadas en 32.205 euros e finanzadas grazas a un convenio de colaboración asiando polo Concello de Lousame e a Deputación da Coruña, que achegará un total de 25.764 euros.

A alcaldesa acompañou aos técnicos da empresa para explicarlles sobre o terreo a importancia dos sobreanchos contemplados neste proxecto, que mellorará significativamente a seguridade viaria na parroquia de Lesende. Unhas obras que estarán rematadas no prazo aproximado dun mes.

Tres fases

As obras executaranse ao longo de 2.020 metros de estradas e terán lugar en tres fases. O primeiro treito de 110 metros correspóndese coa estrada cara a Ponte de Quintáns, onde se pavimentará un sobreancho da calzada dun metro nos primeiros 75 metros do viaria con 10 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico. No segundo treito, de 35 metros de lonxitude, o sobreancho será tamén de 1 metro pero con 10 centímetros de zahorra e outros dez de formigón. A maiores, executarase unha canalización de 35 metros de taxea de formigón para unha correcta drenaxe da zona e procederase á apertura de gabias e á limpeza das salvagabias.

As obras que comezaron onte xoves son as correspondentes á segunda fase, que contempla a pavimentación dos sobreanchos da calzada entre a curva ata a aldea de Quintáns, o que supón uns 860 metros de vial. Nos primeiros 160 metros haberá un sobreancho de 2,5 metros que se pavimentará con 15 centímetros de zahorra. Nos seguintes 700 metros, a pavimentación realizarase con 15 centímetros de grava e posterior triplo tratamento asfáltico sobre uns sobreanchos de 2,5 metros (nos primeiros 200 metros) e de medio metro no restante medio quilómetro. Ademais, contémplase a instalación dun sinal de Stop.

Finalmente, a ampliación da curva no vial entre Horta e Cairo suporá a pavimentación de 190 metros de vial, cun sobreancho de 2,5 metros, mediante 12 centímetros de grave e posterior triplo tratamento asfáltico. Abriranse unhas gabias de 5 metros revestida de formigón para a correcta drenaxe lonxitudinal e executarase unha canalización de 40 metros de entubado de PVC de 315 milímetros de diámetro, así como un pozo de rexistro para saneamento.

20 de xuño de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.