Comeza en Cambre o prazo de solicitude de praza no programa Mañanceiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O próximo día 16 de xuño, e até o 15 de xullo, comeza o prazo de solicitude de praza no programa Mañanceiro, un programa de protección, vixilancia e almorzo dos alumnos e alumnas que estean matriculados nun do cinco centros escolares de Educación Infantil e Primaria do municipio de Cambre, para o curso escolar 2014-2015.

Este programa, organizado pola Concellaría de Educación do Concello de Cambre e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia co Fondo Social Europeo e a Deputación dá Coruña, é un programa de conciliación da vida familiar e laboral e leva a cabo desde as 7:30 h e até o comezo da xornada escolar, que varía segundo o centro onde leve a cabo.    

Entre as opcións, atópase a de solicitar o almorzo ou non, o mes completo ou días soltos para todo o curso escolar ou nun mes concreto. Os solicitantes poderán ser beneficiarios de reducións tales como, 30% si é familia monoparental e en base aos ingresos(renda per cápita familiar), 50% por familia numerosa e 100% con informe de Servizos Sociais do Concello de Cambre (tres prazas por centro).En calquera caso as reducións non son acumulables.

Os interesados en solicitalo deberán entregar no rexistro municipal a ficha de inscrición cuberta, dispoñible na páxina web do Concello de Cambre, rexistro municipal situado na Casa Consistorial e nas oficinas municipais da Barcala.

14 de xuño de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.