Comeza a obra de mellora de accesos ao centro de saúde do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

Esta semana comezaron xa as obras de mellora dos accesos ao centro de saúde do Carballiño, cun custo de 50.000 euros financiados integramente polo concello a través da súa concellaría de Obras. Este proxecto céntrase principalmente na rúa Alberto Vilanova, que ademais de dar acceso ao centro de saúde, tamén é moi transitada polos veciños que acoden á delegación de Facenda, ao instituto número Un ou ás vivendas que nos últimos anos construíronse na zona.

Pero ademais inclúese neste proxecto a mellora da recollida de pluviais da rúa Alexandre Bóveda, que até agora presentaba varias deficiencias que serán emendadas cunha nova canalización, evitando as inundacións que se producían nos baixos das vivendas desta vía carballiñesa desde hai varios anos.

Esta parte do proxecto consistirá en realizar unha recollida das augas pluviais procedentes da rúa Carreira, que vertían cara a Alexandre Bóveda, o que producía as mencionadas inundacións ao non contar con capacidade que acoller tanta auga.

Doutra banda os accesos peonís ao centro de saúde mellorásense coa creación de novas beirarrúas nos tramos necesarios, así como as medidas de seguridade nas zonas que o requiran, sobre todo ao p asar sobre o río Carrás. Así mesmo realizaranse rebáixelos necesarios para o acceso de cadeiras de rodas ou carriños de bebes, eliminando as barreiras arquitectónicas que antes presentaba esta zona.

Por último ser vai resolver o problema do afundimento do firme na calzada, xusto na zona pola que discorre o Carrás, e que tantos problemas ocasionou nos últimos anos. Tal e como sinalaba o edil de Obras Magín Daparte “o que queremos con esta acción é resolver os problemas que se presentaba nesta zona, e non ir pondo parches para ter que estar todos os anos arranxando a calzada e as beirarrúas”.

10 de xuño de 2014 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.