Comeza a Mostra Infantil de Teatro da Carballeira con tres representacións infantís
A Biblioteca Municipal de A Carballeira, integrada na rede de Bibliotecas municpais do Concello de Ourense, comeza mañá unha serie de representacións teatrais realizadas por nenos e nenas e para tódolos públicos.
Hoxe, ás 17.00h, a Escola de Teatro do CEIP Filomena Dato da A Valenzá, representan “O Tesouro” no que os nenos e nenas andan á procura dun tesouro que contén numerosos segredos. Mañá mércores, 11 de xuño respresentarase ás 17.00h “Arco da Lúa” da escola de Teatro CEIP Filomena Dato de A Valenzá. O vindeiro mércores, día 18, ás 18.30h, o grupo de teatro do CEIP A Carballeira, dirixidos por Marta Dasilva Prol, achéganse a importancia do tempo coa representación da obra “Un día calquera” onde as horas do día non teñen fin e están cheas de incógnitas e apaixoantes aventuras.
A Biblioteca de A Carballeira se sitúa na Pza. de Sagrado Corazón (Asociación de veciños), s/n, e todos e todas aquelas persoas interesadas en asistir ás representación poden facelo de balde.
As bibliotecas municipais son escenario das diferentes actividades culturais e de animación á lectura e son de gran axuda para apoiar os/as nenos/as na súa formación, coma instrumento para o desenvolvemento educativo dos estudiantes e esenciais para a práctica da lectura e para a creación do coñecemento e facilitar a conciliación familiar. Neste caso a implementación do teatro e a participación dos centros de ensinanza no desenvolvemento destas actividades contribúe a fometar a relación dos nenos e nenas dende cativos cos libros e a súa importancia e fermosura.











