Clausúrase o presente curso do Conservatorio de Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

O Conservatorio Profesional de Música e a Escola Municipal “Mestre Inocentes Camaño” remata o curso tras máis de nove meses de intenso traballo.

O Concelleiro de Cultura José Luis Gestido quere destacar a intensa actividade levada a cabo polos alumnos e alumnas de ambos organismos e o gran traballo realizado durante estes meses.

Para poñer punto e final a este curso tanto os integrantes do Conservatorio coma os da Escola de Música están realizando neste mes diversas actuacións nas que se pon de manifesto todo o aprendido durante o ano e nas que darán conta da súa gran calidade musical.

Hoxe mesmo ás 21.30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas o concerto do “Proxecto Orquestral” formado por alumnos/as do Conservatorio e a Escola de Música de Cangas, que presentará o seu último traballo dando comezo a súa xira na que ademais dos temas de sempre presentarán novas pezas coma como ‘Romance del Diablo’ de Astor Piazzolla, ‘O Fantasma da Ópera’ de A. Lloyd Webber, ou‘Slave children´s crusade’ de John Williams.

Mañá sábado o grupo Instrumental e o Coro do Conservatorio e a Escola de Música realizarán unha colaboración no Festival Benéfico Escolas do Mundo que terá lugar no

Auditorio Municipal a partir das 22.00 horas.

O da Día 20 de xuño pecharase de forma oficial o ano académico co Concerto de Fin de curso no Auditorio Municipal a partir das 20.00 horas.

No que vai de mes os membros de ambos organismos encararon o peche do curso con varias actuacións coma a realizada o pasado venres polas alumnas de Combo na Sala de Exposicións do Auditorio onde fixeron un percorrido polos temas nos que traballaron ao longo da súa formación e tocaron outros de artistas coma Patty Smith, The Cranberries, Red hot chili peppers, The black keys, Adele, Mcfly, Maroon 5, Of monsters and men, Lana del Rey ou John Newman.

O sábado 31 e maio o grupo de Percusión étnica participou coa súa actuación na clausura da Festa Intercultural e o luns día 2 realizouse unha audición do Departamento de Corda na Sala de Ensaios do Auditorio coa participación de violíns, violas e violonchelos dos centros.

Por último o Conxunto de vento madeira e a orquestra de corda dos alumnos de grao elemental do Conservatorio e da Escola de Música de Cangas actuaron en Gondomar como parte do intercambio realizado entre ambos municipios.

 

 

6 de xuño de 2014 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.