Clausura do programa de sensibilización e prevención da violencia de xénero no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A área de Igualdade do Concello de Carballiño rematou o Programa de sensiblización e prevención da violencia de xénero nos centros educativos este venres, 27 de xuño con diversas actividades no Pavillón municipal Paco Chao:

Obradoiro de graffitis contra a violencia de xénero:

Dous monitores encargaronse de explicar e aplicar as técnicas que rodean o mundo da pintura graffiteira. O alumnado participou activamente na actividade incluindo a súa sinatura persoal na parede.

Obradoiro de expresión corporal non sexista:

Baixo a dirección dunha monitora os e as adolescentes practicaron a expresión corporal ao ritmo da música.

Obradoiro de elaboración de cócteles sen alcohol:

Un monitor-barman ensinou os diferentes tipos de bebidas que se poden saborear sen alcohol. A través da variedade da tipoloxía das bebidas, foron mezclando e decorando, dando a coñecer diferentes sabores e cores estimulantes que nos fixeron disfrutar de bebidas refrescantes sen alcohol.

Esta segunda edición do programa, de sensiblización e prevención da violencia de xénero nos centros educativos, lévouse a cabo en 1º e 2º de ESO no IES nº 1, IES Chamoso Lamas e no colexio Sagrado Corazón.

A avaliación positiva do alumnado e do profesorado e os excelentes resultados acadados conlevan a este peche de programa con esta xornada lúdico-educativa e a valorar a súa continuidade para o vindeiro curso.

O OBXECTIVO é sensibilizar ó alumnado sobre a situación da muller nos diferentes ámbitos da vida e modificar pensamentos, actitudes e crenzas de tipo sexista, que xustifican a desigualdade de xénero.

27 de xuño de 2014 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.