Chega a Betanzos a exposición dos traballos seleccionados no XIII Certame Isaac Díaz Pardo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBetanzos
A-
A+

A mostra dos traballos finalistas e gañadores do XIII edición do Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas organizado pola Deputación chega hoxe ao concello de Betanzos. Estará abeerta no edificio Liceo ata o día 24 de xuño, momento no que comezará o seu traslado ao municipio de Carral.

A edición XIII do concurso foi fallada o ano pasado e entre todos os participantes a Deputación fixo unha selección de 13 obras por valor de 40.000 euros para ser incorporadas aos fondos da institución provincias. Entre elas hai acrílicos sobre óleos, fotografías, impresións dixitais, acrílico sobre tea, técnicas mixtas, xilografías e tallas sobre madeiras.

A estas trece obras, súmanse outras dez para conformar a exposición itinerante que se está levando a cabo pola provincia. Neste caso, as técnicas utilizadas son impresións con tintas, acrílicos sobre táboas, grafitos e óleo sobre madeira tallada, entre outros

10 de xuño de 2014 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.