Charla informativa sobre o Cancro na Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Doutor D. Manuel Carvajo Vicente tratará na primeira parte da charla os aspectos relevantes do Cancro en xeral, falando de cómo e dónde orixínase esta enfermidade no ser humano. Tamén profundizará noutros aspectos para coñecer os cancroes máis frecuentes dos distintos órganos e a capacidade do propio organismo de diseminar o tumor.

A segunda parte centraráse na prevención, facendo fincapé na importancia da actitude do individuo para tratar de evitar esta enfermidade. Para rematar, sinalará aquelas probas médicas esenciais ás que debe someterse un cidadán para que se poida diagnosticar o cancro de forma precoz.

Manuel Ramón Carbajo Vicente, naceu e viviu na Guarda os seus nove primeiros anos da súa existencia. Licenciouse na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela en 1966, doutorándose en 1971, coa cualificación de Sobresaliente “Cum Laude”.
Dende 1977 e ata a súa xubilación no ano 2009, foi Xefe do Servizo de Anatomía do Hospital General de Ciudad Real.

Destaca ou seu traballo como pioneiro en dixitalización de imaxe, colaborando coa Sociedade Española de Anatomía Patológica en diversos cursos e congresos.


Durante os anos do seu quefacer profesional foi o Presidente da Asociación Territorial da S.E.A.P, Presidente do Comité Técnico da Asociación Española contra o Cancro, Asesor Sanitario da Universidade de Castela La Mancha, Presidente do Club de Xestión da S.E.A.P e Director de Xestión da Revista Española de Patoloxía.


Ademais, é autor de máis de 100 artigos en revistas científicas e publicou varios capítulos en Libros e Monografías, como “Tumores intraoculares”, “Tumores melanocíticos da úvea”, “Tumores melánicos do tracto uveal”, “Anatomía Patológica dos pseudotumores intraoculares” e Anatomía Patológica de los Tumores óseos”.

Ao finalizar a súa dilatada traxectoria profesional, a Xunta Directiva da Sociedade española de Anatomía Patolóxica concedeulle o premio “JORGE FRANCISCO TELLO de xestión calidade e liderado”.

3 de xuño de 2014 | 19:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.