Charla informativa sobre a factura eléctrica en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

O vindeiro mércores 18 de xuño,ás 19:30h, terá lugar na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica de Tui unha charla informativa sobre as diferentes opcións para poder aforrar na factura eléctrica dos fogares.

A diversidade normativa e a súa complexidade fan difícil para o público en xeral coñecer os mecanismos de funcionamento do mercado, os dereitos e obrigas dos usuarios ou mesmo a diversidade de fórmulas de contratación , de tarifas e de prezos.

Co fin de achegar un maior coñecemento dos conceptos relativos á electricidade, a Deputación de Pontevedra e a Unión de Consumidores organiza esta charla informativa da man dun técnico que informará aos asistentes sobre as diferenzas e características do mercado regulado e o mercado libre, as diferentes opcións para contratar electricidade ou cuestións a ter en conta para aforrar na factura.

12 de xuño de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.