Cerdedo informa dos programas de balnearios para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedo
A-
A+

O Concello de Cerdedo en colaboración coa DeputaciónProvincial de Pontevedra programa diferentes actividades destinadas aos maiores do municipio para mellorar a calidade de vida e a saude dos mesmos.

Os programas para os cales ábrese o prazo de inscrición son:

Programa diurno de balnearios
Programa saude e benestar

O primeiro programa está dirixido a persoas de 50 oumáis anos e aos pensionistas. Tendo as prazas limitadas. O programa consiste ne pasar 5 tardes oumañás seguidas de luns a venresnun balneario da provincia de Pontevedra permitindo o uso das instalacións durante una media de 3 horas e regreso aos domicilios. O prezo en función dos balnearios ronda entre os 29 € e os 80 € en función do mesmo. O prazo de inscriciónvaidende o 24 de xuñoao 22 de xullo.

O segundo programa consiste en pasar 5 días nun hotel con spa ou balneario en réxime de pensión completa. Está dirixido a persoas de 50 oumáis anos e aos pensionistas.O prezo en función dos hoteisronda entre os 155 € e os 210 € en función do mesmo. O prazo de inscriciónvaidende o 24 de xuñoao1 de xullo.

6 de xuño de 2014 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.