Celébrase en Tui o primeiro coloquio da Eurocidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este sábado celébrase no Claustro da Catedral de Tui o 1º Coloquio da Eurocidade, que nace coma instrumento capaz de axudar a conformar a Eurocidade Tui-Valença

Neste primeiro coloquio pretendese que, a través dos relatorios de distintos especialistas en historia, arquitectura e cultura, poidamos comprender mellor os puntos en común e as coincidencias existentes entre as dúas cidades, e polo tanto poidamos interpretar correctamente o significado do futuro conxunto que comezamos agora a crear.

Desde o punto de vista histórico os doutor Luís Fontes falará sobre o tema ”Valença arqueolóxica, cidade e territorio”, o historiador tudense Suso Vila farao sobre ”A Paisaxe Medieval” mentres que Ruben Camilo Lois Fernández falará de “Xeografía humana, xentes na fronteira”.

Outra ollada sobre a Eurocidade será a dos arquitectos, así Iago Sara exporá o tema “Actuacións contemporáneas sobre o patrimonio”, Francisco Sousa Lobo, presidente da Asociación Portugués dos Amigos dos Castelos, exporá “Identidade militar de Valença”.

Tamén estarán presentes neste coloquio o xerente da sociedade de Xestión do Xacobeo, Rafael Sánchez Bargiela, que incidirá sobre a importancia do paso do Camiño de Santiago pola Eurocidade, ademais o presidente da Cámara de Valença e o arquitecto Filipe Guimaraes porán sobre a mesa a “Intervención Urbana na Fortaleza de Valença”.

No acto tamén participarán o alcalde de Tui Moisés Rodríguez, e o deán da Catedral tudense D. José Dieguez Dieppa, xa que este coloquio se celebrará no claustro catedralicio, o sábado pola mañá entre ás 10h e ás 14.15h.

Este 1º Coloquio da Eurocidade está organizado pola Eurocidade Tui –Valença en colaboración co Cabido da Catedral de Tui, e aberto o público en xeral. A entrada é gratuíta

 

18 de xuño de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.