Cedeira pon en marcha unha ludoteca para os máis pequenos nos meses de verán
Os máis pequenos da casa teñen unha cita cada mañá no parque do Sagrado Corazón de Cedeira. Alí, o Concello pon en marcha dende mañá martes, 1 de xullo, a ludoteca municipal, pensada para os nenos e nenas de entre tres e 11 anos. Durante as mañás dos meses de verán, monitores especializados ofreceránlles unha programación de xogos didácticos. As actividades tamén se celebrarán ao aire libre, neste céntrico espazo. E, en caso de choiva, o escenario elixido será o Auditorio Municipal. Así mesmo, o programa municipal ten custe cero para as familias e desenvolveráse entre as 10 e as 14 horas ata a primeira semana de setembro. Con el, o Concello procura dous obxetivos. Dunha banda, ofrecer unha alternativa de ocio para os rapaces neste periodo de vacacións escolares e, ao mesmo tempo, plantear un ocio didáctico. En todo caso, dende o Concello lémbrase que o servizo non inclúe a custodia dos nenos que participen no mesmo.











