Cedeira levará a cabo unha campaña solidaria de recollida de alimentos a favor de Cáritas
A Confraría da Virxe do Mar de Santa Ana levará a cabo este sábado, 7 de xuño, unha recollida de produtos alimenticios a favor de Cáritas. Uns quince membros da cofradía participarán na iniciativa solidaria durante toda a xornada. Así, perfectamente identificados desprazaránse aos supermercados para solicitar as donacións de veciños e veciñas e, ao mesmo tempo, instalarán pequenas caixas para o depósito dos alimentos no pequeno comercio local. Dende o colectivo agradécese a colaboración e solidariedade que vén amosando cidadanía en campañas anteriores e invítase a reeditala este sábado.











