publicidade hoxe

Cedeira acollerá a primeira edición da Carreira Popular a San Antonio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

Cedeira acollerá este sábado, 14 de xuño, a primeira edición da Carreira Popular a San Antonio. Unha cita deportiva que coincide coa festividade do lugar e que se inclúe no circuito Cedeira Deporte, que promove o Club Natación Cedeira Muebles García coa colaboración do Concello. A carreira está aberta á participación de nenos e maiores sen límite de idade e partirá da ermita de San Antonio ás cinco da tarde, punto tamén de chegada. Ata o momento hai máis de sesenta persoas inscritas, aínda que o prazo para participar permanecerá aberto ata unha hora antes de comezar a proba. Para anotarse, hai varias vías. No email cnatacioncedeira@ gmail.com, no teléfono 652 214 833 ou na secretaría da competición. O custe é dun euro nas categorías biberón, pitufos, benxamín, alevín e infantil; de cinco en junior, sénior e veteráns e gratis para os socios das seccións de natación e atletismo do Club Natación.

As distancias a percorrer varían en función da categoría entre os 100 metros e os cinco quilómetros. Así mesmo, haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría e sexo –agás en biberón e pitufos-. Neste último caso, todos os participantes levarán medalla. Nesta proba obteránse puntos para a clasificación xeral individual e familiar do circuito Cedeira Deporte.

O podium familiar actual está liderado polas seguintes familias: Agustín González, Iván González e Agustín González (1º); Ana Leonardo, Modesto Riveiro, Manuel Riveiro e Carlos Riveiro (2º) e Emilio López, Elsa López e Emilio López (3º). Ao igual que na clasificación individual, cada integrante obterá os mesmos puntos que a súa posición en meta (o primeiro un punto, o segundo dous…). A puntuación do equipo familiar nesta carreira será a resultante da suma dos puntos acadados polos seus integrantes, dividido polo número de atletas do equipo familiar participantes na proba. Para o caso daqueles que tomen parte na categoría biberón e pitufos a puntuación será por participación.

12 de xuño de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.