publicidade hoxe

Cedeira abre o prazo para tramitar as solicitudes para as luminarias de San Xoán e San Pedro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira vén de abrir o prazo para presentar as solicitudes para a celebración das tradicionais luminarias de San Xoán e de San Pedro. Así, as persoas interesadas en facelo tan só deben cursar a súa petición a través do Rexistro Xeral do Concello antes do día 17 de xuño (incluído) en horario de mañá (de 9 a 14 horas). Unha vez tramitada, terá entón que recoller a autorización no mesmo lugar o día 21. Na propia documentación a cubrir polo solicitante, o Concello informa dos requisitos que deben cumprir as luminarias. Entre estes, a súa ubicación, nun lugar despexado e nun perímetro libre de combustibles (árbores, matorrais, edificios…) mínimo de dez metros, ou a obriga de proceder á limpeza da zona afectada unha vez rematada a actividade.

12 de xuño de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.