Cea fin de tempada do Azkar Lugo
O Azkar Lugo FS está preparando o seu evento de fin de tempada para dar así prácticamente por concluída a campaña 2013/2014. Trátase da cea de fin de tempada a cal este ano celebrarase o venres 20 de xuño desde as 22:00 horas no Restaurante Porta Santiago da capital lucense. Aí os asistentes á cea compartirán mesa e mantel con Directivos, xogadores, empregados, afeccionados, membros da Escola, e toda a xente que desexe acudir a esta cea para pechar o ano deportivo.
O menú como en anteriores ocasións será amplo e variado e así nos salóns do Restaurante Porta Santiago vivirase unha noite para gozar xunto á familia que rodea ao Azkar Lugo FS.
Todos os asistentes deberán retirar a súa entrada para gozar da cea antes do próximo xoves 18 de xuño. O prezo das mesmas é de 18 € (adultos) e 10 € (menores de 12 anos).











