Carral presenta a súa programación deportiva para o verán
O concello de Carral acaba de presentar o programa de actividades deportivas municipais coas que pretende encher o tempo de lecer estival dos habitantes de Carral.
As actividades ofertadas abarcan todos os sectores de idade da poboación; así os máis pequenos poderán gozar dunha ampla variedade de deportes como a natación, tenis, xadrez, patinaxe, fútbol e hockey.
Os adultos tamén teñen cabida neste programa de actividades cun curso de natación, clases de zumba, de tenis, campionatos de tute, fútbol, BTT, Agility, etc.
Como novidades na programación deportiva deste verán, incorpóranse as clases de golf, de zumba, hockey e skateboard, actividades dirixidas para todos aqueles que desexen manterse en forma e pasar un bo intre este verán. Outras novidades é o campionato de tenis de mesa na piscina, que aparece despois dunha crecente demanda detectada no municipio.
Ademais, esta programación presta unha especial atención aos xogos e deportes tradicionais; máis concretamente á Chave. Son dúas as actividades relacionadas con este xogo tradicional.- O Campionato Interparroquial de Chave, con 15 anos de vida, e que enfronta nunha liga durante os meses de xullo, agosto e setembro a equipos das distintas parroquias de Carral.- O Torneo de chave do Socorro, que se disputa desde fai 7 anos no campo da Feira coincidindo coas festas patronais da localidade.
Para todos aqueles interesados, está aberto o prazo de inscrición, que poderán formalizar acudindo ás dependencias municipais da Casa da Cultura de Carral, no teléfono 981672580 ou no mail deportes@concellocarral.com.











